Damos as grazas a un matrimonio de Mugardos que nos donou unha parcela de 7.030 m2 en total, sendo bosque 5.696 m2 e terra arable 1.334 m2.
Nesta terra arable proxectaremos estabelecer un viveiro de frondosas, pricipalmente carballos, xa que a parcela linda cun pequeno rego de auga permanente aínda que na maior parte da súa superficie podese legalmente plantar froiteiras como castiñeiros para froito, cerdeiras, avelairas, etc. que serían unha fonte de alimentación para paxaros, esquios, e outros animais.
Está é a terceira doazón que recibimos de tres propietarios da bisbarra. Seguramente outra familia nos fará unha doazón de 9.005 m2 de monte eucaliptal abandoado no que ,trala eliminación dos gromos dos cepos, plantariamos uns 180 árbores de bosque atlántico.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Vémonos no monte!!!