Uns familiares dun dos nosos socios  fixeron unha doazón de 12.202 m2 de terreos en Mugardos e Ares que na actualidade son eucaliptais abandoados.

Betula revertirá estas parcelas en bosque atántico o próximo ano 2025. Agardamod  moito traballo de socios e demáis  voluntarios, ide tomando nota.

O noso agradecimento a estas persoas descendentes dunha vella familia de Ares. É a cuarta doazón que nos fan!! Que non pare!!!

No concello da Estrada situase a quinta doazón, Neste caso de 7.019 m2 de bosque de frondosas caducifolias ben conservado.

A propietaria doante é unha muller natural deste concello que vive en Barcelona a onde emigrou como tantas familias galegas. A ela e a sua familia queremos agradecerlle dende Betula esta fermosísima acción. MOITAS GRAZAS!!!!

Por último dicir que con moita probabilidade teremos dúas doazóns máis. Unha no concello de Cerdido e outra na costa da Ría de Ferrol, no esteiro do río Baa, nun pequeno alcantilado de rocha arxilosa onde a finais dos anos cincuenta criaba o martiño peixeiro.

Seguimos Medrando! Colabora con nós!