Na última asamblea que celebramos o pasado 17 de marzo, propuxemos unha xornada a celebrar todos os meses coincidindo co terceiro domingo, para levar a cabo tarefas que temos pendentes, tanto nos montes en propiedade de Betula como nos custodiados.

A idea é estar en contacto con todos vos , que participedes activamente no proxecto de Betula, pasar unha xornada no monte, intercambiar ideas e pareceres, facer grupo cun ideal común e todas estas cousas que levamos anos insistindo e que son os nosos lemas: “Betula somos todos”, “O bosque somos nos”…

Será unha xornada mais lúdica que de traballo, cunha proposta a maiores , de coñecer a zona a que nos desplacemos. Todos os terreos en custodia están en lugares con especial interese paisaxístico, pretos de lugares naturais de belezas incomparables con algún interese natural particular ou simplemente bosques con árbores autóctonas, que na nosa terra rodeada de plantacións de monocultivos, xa ven sendo unha rareza.

Esperamos que esta inciativa seña ben acollida entre todos vos, non tedes que participar tódolos meses nin estar toda a xornada, o horario é libre. Podedes vir acompañados de quen queirades e tamén traer as crianzas que de seguro disfrutarán dunha mañá na natureza.E tampouco tedes porque facer esforzo físico se non vos sentides capacitados , coñecer as terras que entre todos temos
custodiadas e tamén o obxetivo desta iniciativa.

Para cada convocatoria , que será comunicada por correo electrónico cunha semán de antelación, será necesario anotarse , facilitándonos nome completo e dni, e aboar 5 euros o mesmo día da actividade para cubrir os gastos do seguro de accidentes. Para aqueles que participedes asiduamente, a partires do terceiro día que acudades xa non se vos cobraría nada.

O punto de encontro será sempre as 10 da mañá, no local da Armada para dende alí movernos nos menos coches posibles ata a zona elexida. Esta é a ubicación:

https://maps.app.goo.gl/GznNQDHrryGHZsja9
E ahí vai a convocatoria do próximo domingo 21 de abril:

Visita a plantación que se fixo no mes de febreiro no Marraxón para comprobar o estado das árbores e colocar algúns titores e protectores que faltan .
Como actividade alternativa está a visita o miradoiro do Coto do Rei cos asentos mais duros do mundo.
Dende aquí hai unas magníficas vistas de toda a ría de Ferrol e nos arredores algún elementos patrimoniais como mámoas e un muro de pedra seca.

Animádevos a vir, podedes apuntarvos ata o venres 19 as as 18 horas.

Ubicación da parcela de Marraxón:
https://maps.app.goo.gl/QWJwWpjMhpSjQkB69