O Grupo Naturalista Hábitat ven de lanzar un novo formato de O Faiado de Hábitat Protexe“, unha ferramenta creada para recadar fondos para as entidades de Custodia do Territorio.

Nesta páxina web, as persoas que entren poden escoller a entidade á que queren doar e logo elixir obxectos ou experiencias naturalistas, onde persoas ligadas ao G.N.Hábitat ou a estas entidades doaron obxectos ou ofrecen o seu tempo, para recadar recursos que serán destinados INTEGRAMENTE para mellorar a custodia dos nosos territorios.

Polo momento, comezamos tres asociacións:

A Asociación Betula, a Fundación Fragas do Mandeo e Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Deixámosvos aquí o enlace:

https://sites.google.com/gnhabitat.org/habitatprotexe/páxina-principal

Esperemos que logremos recadar fondos para a custodia do territorio.