Benqueridas/os socias/os , simpatizantes e colaboradores, imos comezar este ano ca actividade que máis nos gosta, unha grande plantación de frondosas nun terreo preto da fervenza do Belelle .

Unhas 250 árbores autóctonas que conformarán un frondoso bosque co paso do tempo, nunha parcela que agora mesmo ocupaban os toxos.

Precisamos da vosa colaboración para que o traballo se faga levadeiro entre todas e todos.

Desfruta do antroido estes días e despois reserva o sábado 17 para acompañarnos.

Quedaríamos a partires das 10 da mañá no punto de encontro do lugar de Marraxón que vos indicamos no seguinte enlace:

https://maps.app.goo.gl/YkP42XzNRqYQ82ar6

Ou tamén na sede de Betula en Maniños, as 09:30 para subir menos coches ata o Marraxón e porque aquí despois quedaremos para o xantar, pregamos tamén que indiquedes se quedades ao xantar, e si tedes algunha intolerancia alimentaria.

Como sempe é necesario que nos confirmedes asistencia  contestando neste correo e indicando nome e DNI para facervos os seguro de accidentes.

O terreo e apto para todas as idades , polo que podedes traer as crianzas. Hai diversos traballos que podemos repartir según preparación física, non dubides en achegarte, sempre podes botar unha man ainda que che parezca que a túa axuda é pequena.

ANIMADEVOS, BETULA SOMOS TODAS/OS