Na xornada de onte estivemos no Mosteiro de Santa Caterina en Montefaro (Ares) na fase 2 do proxecto Rural Lab, unha iniciativa posta en marcha no 2020 por  a Fundación Gabeiras e a Fundación Didac, ca  estreita colaboración da Axencia Galega de Innovación e @innova_con_deseno_galego, o @culturagob e instituciones como @medialabmatadero á que se foron sumando vontades como as de Asociación A Monte, Asociación Betula, o Concello de Ares, AGADER, GDR-Seitura 22 e REDS coa indispensable colaboración dos veciños e veciñas locais de Ares e Ferrolterra.

 

En líña ca metodoloxía colaborativa que se seguiu dende o comezo do proxecto,  organizáronse istas novas xornadas abertas para a creación dun monte soberano. Alí estivo Manolo HH de @rne para contalo para toda España e o noso compañeiro André Santalla para falar de Betula e a súa implicación no proxecto. En canto teñamos o audio o subiremos na pestana de entrevistas nos medios.

André Santalla atendendo aos medios.

Esta iniciativa tiña como obxetivo nesta xornada a posta en común coa veciñanza e demais entidades municipais do futuro proxecto Montefaro, para a creación dun plan de explotación do monte sustentable.

Na xornada do sábado pola mañá , o noso vicepresidente Pedro Cruzado, explicou aos participantes a custodia do territorio e manifestou o seu pesar polas trabas que nos pon a administración á hora de darnos subvencións e impedindo certos traballos que consideramos de rexeneración do bosque atlántico pero que a nivel normativo non se contemplan e non nos deixan facer.

Pedro Cruzado (Centro) durante súa intervención.

Houbo outras intervencións moi interesantes, por suposto a introducción de Patricia Gabeiras  que lidera esta iniciativa e despois as iniciativas postas en marcha poña Asociación A Monte e polos nosos veciños e compañeiros de Montes da Cha.

O  alcalde de Ares manifestou que se vai facer unha oferta pública de compra da parcela ocupada por defensa que engloba uns 700 propietarios.

Aproveitando que nos atopábamos cos comuneiros da Cha, asinamos o convenio de custodia que tiñamos apalabrado e xa é unha realidade, esperamos que esta custodia perdure para sempre e que este proxecto siga adiante protexendo o monte dos vecinos e veciñas de Ferrolterra.

Na xornada da tarde, o noso compañeiro André Santalla, participou nus talleres de dinámica de grupos sobre o futuro proxecto Montefaro, que se titulaba “Soñando Montefaro”.

A conclusión foi que  a proposta de Patricia Gabeiras e a súa fundación é CREAR UNHA “FUNDACIÓN MONTEFARO” que estará constituída por Fundación Gabeiras, Fundación Didac e outras fundacións, empresas privadas e nós como asociación de custodia.

Dende o primeiro momento Betula está moi ilusionada con este proxecto i esperamos que pronto se faga realidade. Mentras tanto, nós imos comezar na nosa pequena parcela que tan xenerosamente nos donou Quico. Queda moito por facer, xa sabes que te esperamos para que nos botes unha man.

Únete a Betula.