Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.
O pasado día 27 de maio e a petición de BETULA, a nosa asociación por medio dos seus representantes Pedro Cruzado e César Martínez mantivo, no Centro de Interpretación do Parque, unha reunión coa directora xeral de patrimonio natural , Belen do Campo, co xefe de servizo de parques naturais, Antonio Rodríguez e co xefe de servizo de patrimonio natural da Coruña, Lucas Blanes.
O ambiente da reunión foi correcto pero a conclusión de BETULA é que o Plan Rector de Uso e Xestión non vai correxir a degradación do Parque pois continuarán as parcelas de eucaliptos xa existentes, especialmente as chamadas “legais” con plantacións iniciadas antes de 1996 cando a Xunta declarou o Parque. Non nos quedou claro o tratamento das “ilegais” posteriores a ese ano.
Nós esiximos a partires da entrada en vigor do PROUX:
-
A prohibición total no canón o val do río Eume de re-plantación de eucaliptos e a eliminación dos existentes.
-
A eliminación progresiva das masas de eucaliptos pero permitindo plantacións con frondosas autóctonas para producción de madeira incluido castiñeiros para producción de froito no resto de Parque.
Parece que teñen alguna intención de compra de parcelas de eucaliptos pois dixeronnos que destiñarían 1.200.000€.
Houbo algunas medidas positivas como a prohibición de motos e quads e de cans de caza. Agora haberá que estar atentos a saída de información pública para que as entidades conservacionistas presentemos fundadas alegacións e de xeito conxunto.
ASOCIACIÓN BETULA, GRUPO NATURALISTA HÁBITAT, SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL, ADEGA, GRUPO LOBO, ASOCIACIÓN REBINXE e FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA, asinamos un escrito onde expoñemos a nosa preocupación polo estado de conservación do P.N. Fragas do Eume, e afeamos á Xunta o xeito de convocar ás entidades ambientais galegas para a valoración do seu PRUX (Plan Rector de Uso e Xestión), do que a Administración leva 25 anos de demora.
Achégase a continuación o contido íntegro do comunicado asinado:
Fragas do Eume: o parque natural atlántico peor conservado