BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, é unha asociación que procura a conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico a través da Custodia do Territorio.

A Custodia do Territorio consiste nunha serie de ferramentas e accións para concienciar aos proprietarios e usuarios do territorio no seu coidado e posta en valor.

Na asociación xuntámonos xentes preocupadas pola perda dos valores naturais do territorio galego e que consideramos insuficiente o desempeño que as diferentes administracións públicas fan das políticas medioambientais, forestais, territoriais e urbanísticas, e tentamos melloralo coa nosa actividade:

  • Conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico utilizando como instrumento principal a Custodia do Territorio.
  • Realización de estudos científicos e culturais, congresos, cursos, xornadas, publicacións, etc.
  • Acceso á xestión do territorio mediante a adquisición de terreos ou dos seus dereitos de xestión, alugueres e/ou formalización de acordos de custodia.
  • Seguimento e avaliación das especies e espazos prioritarios.
  • Colaboración e/ou participación con entidades públicas ou privadas na Realización e fomento de actividades de custodia.

 

ESTATUTOS

A asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula constituíuse no ano 2013 ao abeiro dos estatutos que podedes ver no seguinte arquivo.