O vindeiro 1/7/2018 realizaremos un roteiro á base dos guerrilleiros nas Fragas do Eume.
O punto de encontro será en Lavandeira (Cabanas) no aparcadoiro do estanco às 10:00.
Despois desprazarémonos en vehículos ata Xabaris e, dende alí, comezaremos o roteiro camiñando.
Teremos que percorrer uns 3km. ata a zona do Xardín,nas fraga, onde se atopa a dita base guerrilleira.
Desta volta,contaremos con a colaboración documentada de Xosé Manuel Sardiña, que achegará comentarios sobre o terreo.
A dificultade do roteiro é media e se recomenda levar auga e algo sólido para recuperar forzas.
Os menores deben ir acompañados por un adulto.
O regreso ao aparcadorio da Lavandeira está previsto para as 14:00 horas.
Para asistir é preciso inscribirse, para que poidamos contratar un seguro para tod@s @s asistentes, facilitando o nome completo e DNI, antes do 26/06/2018.
Tlf. para a inscripción: 605355650 (Lan).
Enderezo electrónico: custodia.betula@gmail.com