A pasada fin de semana Betula realizou un roteiro por algunhas da parcelas que dispón a entidade no parque natural das Fragas do Eume en Monfero.
Nesta actividade que se levou a cabo malia que o tempo non acompañou aos voluntarios e voluntarias, realizouse unha pequena limpeza dunha curripa que a asociación atopou recentemente e que pretendemos restaurar para a súa conservación.
César Martínez, compañeiro de Betula, fai unha breve exposición sobre estas construcións agochadas no corazón das nosas queridísimas Fragas:
O día puxose moi feo e o traballo d@s compañeir@s e amig@s no traballo de limpeza da curripa rozou a heroidicidade.
Coma sempre rematamos a xornada recuperando forzas cuns petiscos. merecidos!!!
A xornada tivo certa repercusión aparecendo en diversos medios coma no Diario de Ferrol: