O outono é unha estación estupenda para ir ao monte, paleta de cores variada, cogumelos, regatos desbordantes de auga, e gostaríanos invitarvos a acompañarnos iste sábado pola zona das fragas na que temos mais parcelas en propiedade , para que coñezades de primeira man o bosque que estamos a conservar.

Quedariamos o sábado 18 as 10 da mañá no lugar da Ponte da Pedra para organizarnos de subir nos mínimos vehículos ata o punto de partida do roteiro.

https://maps.app.goo.gl/JkSCWPe3sLT4Sc717

As prazas son limitadas , 25 por orden de inscripción.

 

E PRECISO APUNTARSE ANTES DO VENRES 17, contestando a este correo, indicando nome completo e DNI.

O roteiro ten unha parte por camiños con pendente i esbaradizos, e convinte levar calzado adecuado e roupa de auga por se chove.

Xa sabedes que Betula somos todos e todas,animádevos a coñecer o que estades axudando a conservar.

 

Esta é unha actividade na que colabora económicamente a Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o co financiamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2023, DP0031.