Betula organiza o vindeiro sábado 25 de xaneiro un roteiro polas Fragas do Eume localizadas no concello de Monfero, se a meteoroloxía o permite.
Visitaremos as parcelas en propiedade que estamos a deseucaliptizar e outras en plena rexeneración sitas no marco incomparable das NOSAS QUERIDÍSIMAS FRAGAS.
Nunha inspección anterior atopamos unha curripa que precisa unha pequena limpeza e restauración para a súa conservación. Pouco pero necesario traballo.

A xornada será de balde para os socios e cun coste de 5€ para os non socios polo tema do seguro obrigatorio.
Tamén haberá uns pequenos petiscos para recuperar forzas.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de plaza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
Formulario de inscrición
A xornada comezará no cruce da Ponte da Pedra en Monfero ás 10:00 horas onde optimizaremos o transporte ata As Legoas, punto de partida do roteiro. Aconsellase roupa e calzado axeitados.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte de BETULA a traves do correo electrónico achegado na inscrición.
Local Betula Maps
Ponte da Pedra Maps
Anímate a vir, vémonos no monte¡¡¡¡