Benqueridas socias, socios e simpatizantes,invitámosvos a esta actividade que temos preparada para o próximo domingo 26 de marzo, esperando que teña boa acollida.

punto de encontro será as 10 da mañá, no centro de interpretación das Fragas do Eume, lembrade que hai un aparcadoiro amplo un pouco antes de chegar ao centro, a man esquerda da pista. Intentaremos xuntarnos despois no mínimo número de coches para desplazarnos ata o punto de saida da ruta , a carón da ponte de Santa Cristina, antes do acceso os mosteriro de Caaveiro.

Centro de Interpretación de las Fragas del Eume
981 43 25 28
https://maps.app.goo.gl/ty8ciiqRq9tLWnmP9

A ruta achegaranos ata unha finca nas fragas , da nosa propiedade, que queremos que coñezades.

Despois temos reservada a cantina do Mosteiro para xantar a base duns bocadillos moi saborosos que preparan ,cando reservedes a plaza para o roteiro, por favor indicade a opción que escolleriades para xantar, se é que vos quedades , cousa que vos recomendo pois despois haberá un pequeno concerto do dúo de violín e guitarra Duellist, nas inmediacións do mosteiro, se o tempo o permite ou na propia taberna se temos que refuxiarnos da choiva.

Tedes a información do menú no cartaz adxunto a este correo, e o xantar pagaríase na cantina e serían 10 euros .

Para xestionar o tema do seguro de accidentes, tedes que aportar 5 euros para aqueles que sodes soci@s, e 6 euros en caso de non selo.

Para apuntarvos reenviade este correo a Betula , indicando nome e dni dos asistentes ( polo tema do seguro) e non vos esquezades de elexir o menú.

Enviade resposta antes do sábado 25 para poder organizarnos.

Esperamos desfrutar deste día con vos. Saúdos.

Esta é unha actividade na que colabora económicamente a Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o co financiamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2023, DP0031.