Hai algo mais urxente que que protexer os nosos bosques autóctonos?

Hai algo mellor que comer un bocata na Taberna de Caaveiro en compaña da familia e amigos?

O único que o pode mellorar é acompañalo duns cantos de taberna.

O vindeiro sábado 27 de setembro, a asociación BETULA, organizamos unha xornada na que poderemos facer todas estas cousas xuntas:

Comezaremos a xornada cun roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume. Trátase dun roteiro de dificultade baixa accesible a tódalas idades e condicións físicas.

O punto de encontro será o centro de interpretación das Fragas do Eume situado no acceso dende Pontedeume ás 10:00h.

É preciso ir con roupa e calzado axeitados para camiñar.

Logo do roteiro tomaremos un xantar no que se inclúen Bocata, bebida, sobremesa e café. O prezo do xantar é de 15€ para socios e 18€ para non socios (este prezo inclúe seguro para a andaina).

E para rematar, gozaremos duns cantos de taberna cos Sobrados de Bergondo.

Para inscribirse é preciso facelo a través do formulario que se enlaza aquí: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScba12LYXCtGynGvLLltUJBokL4VXQgbmbi4ylyvRLsqZEoFQ/viewform