Hoxe quixemos amosarlles aos nosos socios e socias algunhas das propiedades que temos nas Fragas do Eume.
Comezamos o roiteiro camiñando entre eucaliptos e rematámolo por unhas pistas intransitables que deixaron as máquinas da tala destas árbores.
Pero a Fraga sempre agarda por nós para sorprendernos coa súa beleza e intensidade de cores.
Gozamos da aventura de chegar ata o seu corazón, visitando a curripa que os compañeiros de Rural-C restauraron nunha das parcelas que Betula ten en propiedade.
Nunca abandonaremos o empeño de conservar e preservar este tesouro.