A mellora na situación sanitaria permite que a nosa Asociación vaia recuperando o ritmo de actividade alterado pola pandemia.
Á parte doutras actividades das que vos informaremos próximamente, para vérmonos e compartir roteiros de interese medioambiental, convidámosvos a participar nos primeira que vai ter lugar en vindeiras datas.
Este roteiro terá lugar o 26/06/2021 polo monte Marraxón, en Fene.
Subiremos ao monte Marraxón e desfrutaremos das fermosas vistas do lugar e achegarémonos á parcela na que Betulafixo unha repoboación con bidueiras en colaboración coa Comunidade de Montes de Sillobre, o Concello de Fene e ASPANAES.
Dende o Coto do Rei, onde están os “Asentos máis duros do mundo” observaremos unha extraordinaria panorámica de toda a contorna. Poida que sexa a última ocasión na que se aprecien estes fermosos cumes sen eólicos.
Tamén visitaremos o campo de mámoas e a finca en convenio con Carlos Gómez, así como un valado perimetral de pedra seca.
O punto de encontro será no lugar de San Marcos (Sillobre), ás 10:30 h.
O percorrido a pé, circular, duns 3km. tén unha dificultade media baixa.
Os menores irán acompañados de adultos.
Duración aproximada 3 horas.
Estariamos encantadas/os que nos acompañarades nesta xornada.
Animadevos a participar!!.
As inscripcións poden facerse ata o 24/06/21:
Achegando nome apelidos e DNI ao tel. 605355650 (Lan).
Reenviade correo para inscribiros
Ou chamade ao teléfono 627 461512
(ainda que sexa o mesmo día.Estaremos atentas a todo o que queira vir. Mais información no cartaz adxunto)
Vémonos no monte.