Xornada de roteiro, xornada de xantar e xornada de música: Xornada de natureza e cultura.
O tempo ofrecía dúbidas a primeira hora pero tras unha curta chuviscada todo saíu a pedir de boca.
Comezamos co roteiro de aproximadamente 5km. Saída dende a ponte de Santa Cristina ata a minicentral do Parrote.
César foi o encargado de explicar e comentar as diversas especies e diferentes curiosidades que atopábamos no camiño. Un luxo impagable nunha entorna cunha beleza indescriptible… pero en perigo: Faite Soci@!!
Xa de volta, no Mosteiro, agardaba o dúo Duellist formado por Sara e Samuel para deleitarnos cunha selección de clásicos Tradicionais de Folk e Rock interpretados a violín e guitarra para amenizar o xantar.
O noso amigo Joe, Irlandés afincado na zona, non escatimou esforzos en ofrecernos un baile típico. WOW!!
Os bocatas da Taberna de Caaveiro son recoñecidos e galardoados en diversos certames gastronómicos.
qué máis se pode pedir??
Esta é unha actividade na que colabora económicamente a Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o co financiamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2023, DP0031.