Cal da Faxina, As Legoas, Monfero.

Nesta parcela das Legoas de 1,25 hectáreas , eliminamos os eucaliptos e o maderista pasou o tractor con desbrozadora de martelos para deixar o terreo preparado para a plantación que temos programada facer para o inverno.

Como vedes na foto se evitou cortar a vexetación autóctona que había entre os eucaliptos e na xornada do sábado 24 pretendemos revisar algúns pés que quedaron tumbados ou danados e se da tempo faremos BAUTISMO DESEUCALIPTIZADOR NO CARBALLÓN, para os que aínda non fúchedes nunca.

Anotade a data, necesitamos xente, xa sabedes que será unha xornada de convivencia no monte inesquecible sobre todo no Carballón😉🌳🌳🌳🌳.

 

Formulario de inscrición