Betula non para.

Nestas últimas datas 0s labores de campo centráronse en dúas parcelas que Betula ten en convenio con propietarios particulares.

En Montefaro o traballo consistiu na roza e limpeza dunha das parcelas deseucaliptizadas e replantadas nos últimos anos. Tralo periodo estival, numerosa vexetación ocupou o espazo reservado ás nosas árbores impedindo o seu normal crecemento. Ademáis, como é habitual nunha zona deseucaliptizada, numerosos gromos desta especie zombie asoman desafiantes ante a vexetación autóctona. Por suposto foron eliminados.

A xornada comezou chuviosa pero mellorando co transcurrir das horas.

Unhas con máquina e outras con ferramenta de man dimoslle un lavado de cara importante que de seguro os bidueiros, castiñeiros, acivros  e demáis compatriotas agradecerán.

A seguinte xornada de traballo levounos aos pés do Río Belelle onde o noso compañeiro Andrés posúe unha das parcelas máis fogareñas das que temos en custodia.O traballo dividiuse en dúas zonas polo que fixemos dous grupos de traballo.

Na primeira zona, a carón do río, gromos de eucaliptos pretendian recolonizar o terreo polo que foron eliminados.

Na segunda zona, a arón da estrada do Roxal, unhas acacias invasoras pretendían gañarlle a batalla aos habitantes autoctonos. Tamén foron eliminadas.

Resultou un traballo complicado xa que o tamaño destas árbores invasoras era considerable. Por sorte, o noso anfitrión convidou a todos @s voluntari@s a un xantar espectacular a base de empanada, paella e callos que revivíu ao máis reventado.

Para rematar, os nosos amigos do dúo Duellist marabillaron cunha pequena mostra de cancións do seu repertorio. Son o mellor!!!

Betula non para e xa está preparando novas accións para protexer o noso patrimonio máis importante.  Contamos contigo?