Imos invertir todo o doado nas achegas, case 7000€!!
O obxectivo é mercar cinco fincas na zona de Monfero dentro do Parque Natural das Fragas do Eume.
Algunhas contan con fermosas fragas e outras con eucalipto polo que será preciso unha labor deseucaliptizadora, non dubidedes en botar unha man!!
Non é doada a tarefa de adquisición de terreos para a custodia; fan falla varias xornadas para estudar que fincas son as máis convenientes por proximidade a outras xa en propiedade, as que teñen maior valor natural ou ben fincas con eucaliptos porque queremos deseucaliptizar as fragas.
Todas estas laboras son levadas a cabo polos técnicos e expertos de Betula.
