RECOMENDABLE PARA A SAÚDE
É ben sabido que Betula pide de vez en cando esforzos aos socios apelando ao seu compromiso medioambiental. A celebración da Xornada de Convivencia no día de onte, 11/11/2023, non tiña ese obxectivo. Máis ben pretendía ofertar un encontro festivo, de socialización e achegas de propostas e experiencias de proveito para o colectivo. Porén, o programa con roteiro, proxección, xantar compartido e asemblea aberta, foi deseñado pensando na boa saúde individual e colectiva. Así o valoramos os participantes, menos numerosos do desexable, que nos sentimos como en familia nas novas instalacións da Armada, en Maniños. Ben é certo que o día non animaba a participar pero cremos que o encontro mereceu a pena.
Nas vindeiras datas faremos novas propostas que agardamos resulten atractivas para todos os socios e socias de Betula.
A Directiva.
Esta é unha actividade na que colabora económicamente a Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o co financiamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2023, DP0031.