O próximo 20 de outubro a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico BETULA organizará unha nova xornada de convivio. Actividade a que estades convidad@s e á que tamén poderán asistir familiares, colaboradores e simpatizantes.Fene a Alvarella Ecoturismo S.L. – Google Maps
Desta volta pasaremos o día nas instalacións da Casa Alvarella, http://www.alvarella.com/, finca custodiada pola nosa Asociación e situada en Breanca-Doroña 4.Fene a Alvarella Ecoturismo S.L. – Google Maps
Indo desde Ferrolterra, aconsellamos ir pola estrada de Campolongo-Monfero, encontraredes cartaces indicativos.
A hora de encontro será neste mesmo lugar ás 10:30. A seguir, ás 11:00 baixaremos ao rio Baxoi nun roteiro de aproximadamente 2h. Xa de volta en Casa Alvarella, mais ou menos, ás 14:00 terá lugar unha breve proxección de diapositivas explicativas das últimas actividades realizadas por BETULA. E às 14:30 h faremos o almorzo comunitario, no que compartiremos os alimentos que cada quen aporte. A Asociación colaborará con empanada, viño, e algunha sobremesa, café e licores.
Para todas aquelas persoas que vaian participar no roteiro será necesario inscribirse, vía e-mail ( custodia.betula@gmail.com ) ou no tlf. 651884692 (Xavi), facilitando o nome completo e DNI para podermos tramitar o seguro correspondente.
Contamos con vós.