A mañá comezou fría pero co ceo despexado.

O traballo consistía en prantar nunha finca deseucaliptizada diferentes especies de novas árbores coma carballos, cerdeiras, erbedos, acivros…

Reunímonos no aparcamento do mosteiro de Santa Catalina para unhas primeiras verbas de benvida antes de poñerse en marcha cara a zona de traballo.

Xa no terreo, tras descargar o material, a nosa supersecretaria Luísa fixonos un pequeno titorial de como facer a plantación. Por sorte os buratos xa estaban feitos dunha xornada previa.

A xornada continuou de forma alegre e armoniosa, o traballo facía entrar axiña en calor. Unha ledicia contar con xente tan maravillosa.

Unha vez rematada a tarefa, voltamos cara o mosteiro para o xantar. Betula Brindou aos voluntarios o tradicional menú de lacón asado, empanadas, bola de ovo, viño ou auga e café. Nesta ocasión contamos ademáis con diferentes delicatessen aportadas por diferentes soci@s e Voluntari@s.

Qué máis se pode pedir? pois unha pequena actuación musical improvisada por parte das nosas artistas. Xornada redonda.

Para rematar, os que aínda tiveran folgos puideron difrutar dun paseíño pola zona das baterías e as súas incomparables vistas así como a visita a un conxunto de catro sobreiras, auntenticas árbores senlleiras, que permanecen intactas nas proximidades.

MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!

Se aínda non es socio e/ou queres colaborar, agora máis que nunca ÚNETE A BETULA!!!

Esta foi unha actividade na que colabora económicamente a Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o co financiamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2023, DP0031.