Betula nas Fragas do Eume

A Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula ten organizada unha xornada de voluntariado ambiental nas Fragas do Eume.

A actuación terá lugar na finca Filgueiras, que BETULA ten en propiedade no espazo protexido do Parque Natural das Fragas do Eume en Monfero, A Coruña, e consistirá nuns traballos de rexeneración da vexetación autóctona, afectada en parte pola invasión de eucaliptos, mediante a reposición de certa cantidade de exemplares de especies dominantes neste tipo de bosques, como son as castiñeiras e os carballos. Plantaranse nos claros 25 exemplares de castaño y 25 de carballo, respectando as variedades típicas do parque.

Esta actuación englóbase dentro das xornadas de ¡Axuda a Conservar un Espazo en Custodia! que se veñen celebrando entre os meses de marzo e xuño de 2016 en todo o territorio Español mediante actividades de voluntariado ambiental en fincas en custodia para levar a cabo múltiples accións de conservación do territorio dentro do programa “Voluntariado e Custodia do Territorio” que xorde do proxecto “Tejiendo Redes para la custodia del territorio en España 2015- 2016. Fomento de la implicación social en la conservación del territorio”, unha iniciativa conxunta da Xarxa de Custòdia del Territori e a Obra Social “la Caixa”. O proxecto ten como obxectivo implicar á sociedade civil na conservación do noso patrimonio natural, difundindo a importancia da súa preservación, os seus valores sociais e cómo a custodia do territorio axuda a estes fins.

A Asociación para a Custodia Bosque Atlántico Betula é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu na primavera de 2013 co obxectivo de procurar a custodia e protección de calquera elemento que teña un interese patrimonial, paisaxístico ou ambiental ben sexa mediante adquisición, cesión ou acordos cos propietarios. O seu ámbito prioritario de traballo son as comarcas de Ferrol e do Eume, onde se encontra o bosque atlántico máis meridional de Europa.

Número máximo de participantes: 18 persoas.

Horario: de 10:00 a 14:00.

Punto de encontro: 09:45 no Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural das Fragas do Eume. Estrada de Caaveiro. Pontedeume. A Coruña.

 

¡Vive a fraga! Conservando o bosque atlántico

Deixa unha resposta