5 NOVEMBRO DE 2022

Estamos tan satisfeitas da acollida desta xornada deseucaliptizadora- cervexera – festiva, que non dubidamos en volver a repetila.

 

Todo comenzou cunha chamada dunha empresa de cervexas artesás que souberon das accións de coidado do bosque de Betula. Esta empresa, cervexas Ale Alé, estaba sacando unha tirada limitada de botellíns da sú acervexa con debuxos de artistas recoñecidos  e, con esta iniciativa, impulsarían accións para a recuperación do bosque autóctono e prevención de incendios ( campaña somos bosque) e ahí é donde aparecemos nós. Con esta estupenda colaboración, a empresa nos donou parte dos beneficios da xornada .

Tras días de reunións, visitas aos montes e preparación de toda a difusión da xornada, chegou o día de traballar polos nosos bosques e despois un merecido descanso con xantar e festa.

Resumimos como foi a xornada pero nos deixes de acudir cando o repitamos, ou lle deamos continuidade a esta iniciativa, estade atentos as nosa redes¡¡¡¡¡

A xornada comezou cunha ruta por Montefaro para coñecer quen é Betula, o que facemos e a ver alguna das propiedades que posue no miradoiro da Bailadora. A visita foi Guiada  polo noso vicepresidente Pedro.

 

Depois o grupo de voluntarias e voluntarios dirixíronse a unha parcela que nos deron recentemente en custodia, nas inmediacións do Mosteiro da Santa Caterina, cunhas vistas espectaculares sobre a ría de Ares. Alí despexamos todos os gromos de eucaliptos dos tocóns das arbores que se talaran anteriormente. Posteriormente faremos unha plantación de árbores autóctonas.

Depois destamañá intensa de paseos e traballo, fomos repoñerforzas co xantar que elaborou a xente de Cervexas Ale Alé: hamburguesas de  carne mechada (tamén opción vegana) e cervexas artesás de varios tipos nun escenario inmellorable: o claustro do Mosteiro de Santa Caterina que  solicitamos o seu uso ao Concello de Ares e a Asociación de Amigos do Mosteiro.

A xornada continuaba con xogos por equipas , en espera das actuaciónsmusicais que tiñamos preparadas.

E a media tarde chegou a festa: Davide Salvado,Fransy González e Cibrán Seixo. Moitaxente achegouse ata o mosterio para escoitar a estes grandes artistas.

 

Betula tamén aportou a súa parte musical grazas a unha subvención da Deputación da Coruña, contratamos a actuación do grupo de música tradicional “Xoldaina” que levantaron a xente das cadeiras para poñerse a bailar ao son das gaitas .

Tamén houbo castañas asadas e mais cervexa ata case chegada a media noite… que tocou recoller. Vémonosna próxima.

 

 

Esta actividade está financiada polo programa de axudas a entidades sen fins de lucro convocado pola Deputación da Coruña para as actividades realizadas no ano 2022.