A asociación EuroEume promove as Xornada Enraizadas 2025, coa celebración da Xornada “Ecofeminismo e Custodia do Monte”, un faladoiro centrado no coidado dos nosos montes e paisaxes cunha ollada de xénero.

Esta xornada celebrarase o sábado, 20 de setembro, na Casa da Cultura do concello de As Pontes, a partires das 11.00 horas, e contará coa participación de catro mulleres que explicarán a súa visión desta temática desde diferentes perspectivas: tanto desde a parte práctica como desde a parte académica e de investigación.

A asociación BETULA colabora nesta xornada coa participación no faladoiro da nosa secretaria Luísa. E, xunto a ela estarán:

  • A Dra. Ana Cabana Iglesia, profesora titular de historia da USC.
  • Mª Ofelia Gruñeiro Balseiro, Gandeira na comunidade de montes de Carracedo.
  • A Dra. María Bello Piñeiro, investigadora e produtora cultural.

A asistencia á xornada é de balde e non precisa inscrición previa. Ademais, para facilitar a conciliación as persoas con crianzas que desexen asistir á xornada, contaremos coa presenza de Xuvenlab, que realizará un obradoiro científico para as crianzas, centrado na importancia dos montes para a xestión sostible do territorio, e para coñecer o ciclo de vida das carrachas.