Día de xoves santo; dous voluntarios@s soci@s de Betula, estiramo-la mesa no aparcadoiro da alameda das Fragas e con 4 cousiñas que temos para recaudar fondos para a asociación, poñémonos a parar aos visitantes que ese día desfrutan de tan fermosa paisaxe para explicarlles quenes somos e convidarlles a colaborar na causa mercando ou facéndose socios…

A resposta é xenial, todo o mundo nos escoita e lles parece moi interesante o noso proxecto.
Preguntan, mercan, levan o tríptico para animarse a facerse soci@s ou compartir… unha maravilla de xente que nos apoia.
Grazas a todas e todos os que nos escoitáchedes e colaboráchedes!!

Como guinda final a xornada, estábamos xa a recoller o tenderete cando unha parella se achega para coñecernos. Nos escoitan, encántalles o discurso e propoñen grabarnos un video para youtube pois teñen unha canle con moitos seguidores…. nom dubidamos en facelo. Próximamente o publicará e compartirémolo con vos, vale botar unhas risas cando o vexades!!