Este vindeiro domingo, 21 de setembro, o voluntariado ambiental galego ten unha cita cos ríos do país. A XVIII Limpeza Simultánea de Ríos, impulsada pola organización ecoloxista ADEGA a través do seu Proxecto Ríos, celebrarase nesta edición nun total de 51 concellos de toda Galiza, entre os que se atopa o Concello de Fene, e nela participarán case 70 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas ou centros de ensino, moitas delas asiduas nestas limpezas e outras tantas que se suman por primeira vez a esta décimo oitava edición.

A asociación Betula leva desde os seus comezos participando neste proxecto e, un ano máis imos contribuír limpando un treito do Río Baa.

Este ano imos facer dúas limpezas. Unha primeira este domingo na que poderes participar todos os socios e colaboradores que queirades acompañarnos. Quedaremos no noso local, situado na estrada da armada ( https://maps.app.goo.gl/9pjKjrRrqLbz4xEf8 ), ás 10:15 para partir ás 10:30 cara o local de AETNA, asociación coa que colaboramos este ano na limpeza e onde nos repartiremos para limpar o Río Baa na zona de Maniños.

A segunda limpeza farémola cos pequenos da escola dos Casais, de Maniños e cos participantes no programa de voluntariado que comezaremos a vindeira semana. Nesta participarán so membros da directiva e colaboradores.

Se queres colaborar na limpeza deste domingo, podes contactar connosco no noso enderezo electrónico ou a través do teléfono 651884692.

Baixo o lema “Móllate polos ríos”, estas limpezas mobilizan todos os anos centos de persoas voluntarias que de xeito simultáneo desenvolven unha acción colectiva e de concienciación social ao pé dos ríos, co obxectivo de contribuír á súa limpeza.
Ademais de retirar refugallos dos cursos fluviais, a iniciativa busca fomentar a conciencia ambiental e a participación cidadá.

Por último, gustaríanos agradecer ao concello de Fene a súa colaboración un ano mais neste proxecto.