Hoxe, 5 de febreiro, Betula estivo colaborando cos comuneiros dos montes da Chá nun ambicioso proxecto de repoboación con arbres autóctonas.
Foi un éxito de participación, máis de 50 persoas de tódalas idades e nacionalidades.

Moita representación de Betula: Anxo, Carmela e parella, Alvaro, Mario, Rita, André, David…

Tamén estaba Fran de Xeración e levaron un dron para gravar.

Tratáronnos moi ben, coma sempre, con merenda a media mañá a pé de plantación e con comida comunitaria ao final da xornada.

Estamos entusiasmados con todos estes proxectos nos que imos colaborando na comarca de Ferrolterra, temos futuro! cada vez somos mais!!

Se aínda non nos coñeces, estás tardando en unirte a nós. Esperámosvos na próxima, axiña sairán outras convocatorias para plantar ou deseucaliptizar.

Vémonos no monte.