Seguimos a manter unha colaboración entre Betula e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.
Os biólogos deste centro conseguiron reproducir en viveiro o fento Dryopteris Guanchica, que conta cunha pequena poboación nas Fragas do Eume. Dentro desta colaboración, acordáramos establecer unha data para a plantación de varios individuos desta especie nas fincas propiedade de Betula para reforzar as poboacións existentes nas fragas. A data escollida foi no mes de decembro de 2018.

O pasado 11/03/19 realizouse unha visita ás fincas por parte de varios membros da asociación para comprobar a situación na que se atopaban as ditas plantas, e confirmouse que todos os individuos plantados nas nosas fincas gozan de boa saúde.