Os días 5 e 6 de outubro celebrase o Día das Aves 2019.

Este ano, e da man da SEO/BirdLife, o Grupo Naturalista Hábitat organiza unhas xornadas para dar a coñecer estes animais e divulgar a súa importancia nos nosos ecosistemas e na nosa contorna. 

O sábado, 5 de outubro do 2019, xunto ao Grupo de anelamento Hércules de 09:30h a 13h organizase unha xornada de anelamento científico de aves no estuario do Anllóns, en Ponteceso.

As prazas son limitadas. Para poder asistir a esta actividade tes que inscribirte no formulario habilitado na web do Grupo Naturalista Hábitat e pagar as taxas correspondentes:

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 5€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 8€

Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (15 prazas).



O domingo, 6 de outubro do 2019, de 10:30h a 13:30h,está organizada unha xornada de observación de aves en varias localizacións:

  • Torre de Hércules.
  • Ría do Burgo.
  • Complexo dunar Razo – Baldaio.
  • Encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Ría de Betanzos – Pazo de Mariñan.

Estas actividades serán guiadas por ornitólogos voluntarios do G.N. Hábitat e as prazas son limitadas.

Para poder asistir a estas actividades tes que inscribirte no formulario habilitado na web do Grupo Naturalista Hábitat e pagar as taxas correspondentes::

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 3€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 5€

 

Hai de prazo ata o xoves 3 de outubro para inscribirse!!!

Coma todas as accións anteriores de Hábitat Protexe, o recadado irá destinado INTEGRAMENTE a entidades de custodia do territorio. Nesta ocasión todo o que se recade destinarase ás tres entidades que levamos traballando este ano:

  • Fundación Fragas do Mandeo (FFM). Esta entidade foi fundada no 2010 có obxectivo adquirir e custodiar parcelas de alto valor ambiental en As Mariñas (A Coruña), en especial no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. Actualmente, FFM ten en custodia 268.340 m2, en lugares como o Monte da Espenuca (Coirós), a Lagoa de Sobrado (Sobrado dos Monxes) ou ribeiras de ríos coma o Mandeo (Aranga) ou o Mendo (Oza-Cesuras).
  •  BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico. Esta entidade traballa arreo na conservación do bosque atlántico, facendo fincapé nas Fragas do Eume.
  • Asociación Galega de Custodia do Territorio, constituída en Rábade (Lugo) e que conta hoxe día con múltiples acordos na xeografía galega, valéndose sempre da custodia do territorio como ferramenta para a conservación e recuperación do patrimonio natural.

É importante que recordes que para asistir a estas actividades é preciso a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Mais información en https://gnhabitat.org/habitat-protexe-co-dia-das-aves-2019