A educación ambiental é o pilar fundamental para acadar contrarrestar e revertir os efectos do cambio climático. É por isto que este ano, coincidindo coas accións e actividades polo Clima que se desenvolveron nas distintas localidades galegas do 20 ao 27 de setembro, decidimos acudir ao CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños, no concello de Fene, co obxectivo lograr a sensibilización da sociedade dende unha temperá idade do valor dos nosos ríos e da natureza tentando concienciar aos nen@s da importancia dos ecosistemas fluviais..
Nsta xornada realizaremos unha saída ao Río Baa, que se atopa ao pé do colexio, e levaremos a cabo unha identificación das distintas especies que habitan neste ecosistema e aprobeitaremos para facer unha recollida simbólica dos refugallos depositados na cunca do mesmo.
Ao longo da mesma diferentes especialistas irán explicando as singularidades que presenta no que se refire á flora e fauna, arqueoloxía, ameazas e valores a preservar…
Previo á saída, na mesma xornada, darémoslles aos nen@s unha breve charla explicativa sobre os ecosistemas fluviais e a súa contorna, o seu valor e a problemática da contaminación.