O próximo sábado 12 de setembro decorrerá unha nova actividade de Betula à que estades convidad@s.

Desta volta adicarémola aos morcegos, unha especie tan denostada (sobre todo ultimamente), coa intención de informar da súa importancia medioambiental.

A actividade dará comezo ás 19:40 horas no local da Asociación Instructiva de Caamouco (Redes-Ares) coa instalación dunha caixa refuxio para morcegos na casoupa da Horta de Quinín.

A seguir, às 20:00 horas, terá lugar unha charla informativa a cargo de Manuel Arzúa, membro da Asociación Drosera.

E, por volta das 20:45, faremos un percorrido nocturno polas proximidades para a localización de exemplares.

 

 

Por causa das medidas sanitarias derivadas do Covid-19, o número máximo de asistentes será de 20.

 

Anotaránse por orde de inscrición e tendo preferencia @s soci@s  da Asociación Instructiva de Caamouco e de Betula.

As persoas interesadas deberán enviar  o nome completo e número de DNI a custodia.betula@gmail.com ou no tlf. 605355650.

 

O prazo de inscrición remata o 10 de setembro.

 

 

Animádevos a participar!!!