Na II Edición da Deseucaliptización Simultánea de Galicia, convocada pola rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces” na que, ao longo deste mes, realizaranse 15 accións de eliminación de especies forestas exóticas invasoras: eucaliptos, acacias e mimosas. Estas actuacións están organizadas por 25 entidades, entre o 1 e o 15 de xuño, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.

O Sábado, 1/06/19, Betula levou a cabo a súa xornada de deseucaliptización na que se desenvolveu a derradeira fase de eliminación de 350 pés de eucalipto nas fincas das Fragas do Eume.

Nestes traballos participaron un total de 13 voluntari@s que ao longo da mañá procederon a retirar a cuberta de plástico que impediu os rebrotes.

Transcorridos 2 anos da tala e cubrición, esta técnica, moi axeitada para terreos sensibles, amosouse unha efectividade dun 95%  Porén, Betula amosa a súa satisfacción por ter restituído o bosque atlántico nos máis de 7.000m2 da súa titularidade nas Fragas do Eume. Asemade, quere agradecer a colaboración do voluntariado que fixo posible acadar este obxectivo.

Se estades interesados en participar nestas xornadas podedesvos por en contacto con calquera das asociacións que van realizar estas accións (https://docs.google.com/spreadsheets/d/1NsfKwAVxWD7Aiju2RMkkvt0siQquCUiErJiyi0tZKCY/edit?usp=sharing): ADEGA, Couto da Eirexiña, As Brigadas deseucaliptizadoras, Verdegaia, Montescola, A Rente do Chan-Pladever, Arlequín (MonTeis), Voces polo litoral de Teis, APDR, Betula, Amigos da Terra, Asociación Vergasta, Boca do Sapo, Fundación Eira; os colectivos veciñais de Lentille, Tirán, A Movemento veciñal Fousas ao Monte; e, as comunidades de montes veciñais en man común de Tourón (Melón), O Fieitoso (Rianxo), Teis (Vigo), Lourizán (Pontevedra),  Froxán (Lousame) e Rebordelo (Cercedo-Cotobade).

Máis información na web de Cousa de Raíces: https://cousaderaices.wordpress.com/2019/05/31/uns-15-montes-galegos-sera-liberados-de-eucaliptos-e-acacias-polo-dia-do-medio-ambiente/#more-1515