O domingo 26 de setembro de 2021 a Asociación Betula coordinou a XIV Limpeza Simultánea de Ríos.

Este ano asistimos unhas 30 persoas voluntarias, polo que a limpeza se efectuou en dous treitos de río situados na zona media do río Baa: unha no Concello de Cabanas e outra situada no Concello de Fene. Agradecemos a estes dous Concellos a súa colaboración nesta xornada

Entre as voluntarias destacamos a presenza de cinco nenos/as, de idades entre os cinco e quince anos, que demostraron coa súa iniciativa e bo facer a súa grande conciencia medioambiental. Parabéns ao seu entorno por saber inculcala, e sobre todo a eles/as, xa que foron todo un exemplo para o resto!!

Nestes dous treitos recollemos arredor duns 400quilos de lixo, entre os que atopamos moitas botellas de vidro, plástico, algún anaco de chapa ondulada de fibrocemento e, como curiosidade, gran cantidade de luvas de usar e tirar das que se poden atopar nos supermercados ou gasolineiras.

Ademais, localizamos un foco de lixo situado nun coto a carón do río, que polo seu volume foi imposible de retirar, polo que se notificou ao Concello de Fene a súa situación para que o retire.